viernes, 29 de mayo de 2009

Chegou o momento das despedidas. Non quería esquecerme de ningúen, deste xeito gustaríame dar as grazas a todos, pola acollida que recibín dende o primeiro momento que aterricei neste colexio.Nunca é un adiós se non un ata logo, pois nunha parte do meu corazón irán sempre conmigo os nenos,as familias, os compañeiros... a terra de Ortigueira.

Un bico, e ata vernos.

lunes, 18 de mayo de 2009


Coa chegada da Primavera e xa a piques de rematalo curso,aproveito igual que o ano anterior para xogar cos rapaces e rapazas no patio de primaria, como eles din "no patio dos maiores". Se queredes disfrutar dos vosos retoños unha vez máis,ollade o ben que o pasan.

jueves, 30 de abril de 2009

Quería dar as grazas a tódalas persoas que visitan o blog para disfrutar un anaquiño destes grandes pequen@s e das súas aprendizaxes. Tamén quería disculparme coas persoas que estiveron a facer comentarios no meu blog, pois a verdade é que aínda que disfruto moito lendo tódolos comentarios que me enviastes, non me decatei de que podían publicarse no blog. Un bico para tod@s vos, e de novo moitas grazas.

lunes, 20 de abril de 2009

¡ VAMOS DE EXCURSIÓN !


Chegou a PRIMAVERA, e como anos pasados programamos a excursión de infantil para este curso escolar. Este ano decidimos viaxar a Sobrado dos Monxes a "CASA DO QUEIXO" .
Os nen@s e tamén os mestres moi ilusionados o xoves 16 de abril subímonos nos buses ás 9:00 da mañá e puxémonos en marcha. Xa no autobús, disfrutamos dunha película e tamén da paisaxe tan fermosa da nosa Galiza.

Aínda que a viaxe foi un pouco longa, os nosos rapaces e rapazas son moi valentes, e a viaxe transcurreu sen problemas.
Xa en Sobrado dos Monxes, as 11:00 da mañá, os monitores estaban a esperar por nos, para recibirnos. Distribuiron aos alumn@s por equipos diferenciándoos con garabatas de diferentes cores; a cada equipo acompañábao na visita un monitor.Nos aproveitamos para ir rotándonos polos diferentes obradoiros e actividades polas que ían pasando tódolos equipos aproveitando así, para sacarlles fotos e grabar algún que outro video.
Os nen@s estiveron moi atentos e como de reporteir@s profesionais se tratase ían preguntando sobre todo o que lles chamaba a atención e sobre o que querían investigar.
Os monitores fóronnos dirixindo polos diferentes obradoiros: obradoiro do queixo, da lá, obradoiro da granxa, xogos... entre outras actividades debidamente programadas para todos eles.
Sobre a 13:30 aproximadamente, aos nosos pequenos chegáballes a hora de repoñer forzas, deste xeito, monitores e mestres acompañámolos ata o lugar habilitado para disfrutar do xantar, xantar que con gran agarimo preparastes vos as familias. Desta maneira os monitores aproveitaron para poder ir eles a xantar, mentres que nos quedábamos cos nosos rapaces coidando deles e o mesmo tempo disfrutando das vivencias que nos contaron, do vivido durante toda a mañá.
Unha vez que os alumn@s remataron o seu xantar e reposaron un intre, xa estaban preparados para recibir de novo aos monitores e disfrutar dunha hora máis da casa do queixo e dos diferentes obradoiros e actividades programadas para todo o día.
O tempo pasaba moi pero que moi rápido, despedímonos dos monitores e dímoslles as grazas; xa subidos de novo nos buses puxémonos rumbo a Ortigueira, disfrutamos de novo doutra película, das paisaxes, do dormir dalgúns dos nosos pequenos... cansos despois dun día de grandes vivencias.
Espero que disfrutedes do vídeos e das fotografías que resumen un pouquiño o que supón para os vosos retoños un día de grandes ilusións.



¡ VAMOS DE EXCURSIÓN !