jueves, 30 de abril de 2009

Quería dar as grazas a tódalas persoas que visitan o blog para disfrutar un anaquiño destes grandes pequen@s e das súas aprendizaxes. Tamén quería disculparme coas persoas que estiveron a facer comentarios no meu blog, pois a verdade é que aínda que disfruto moito lendo tódolos comentarios que me enviastes, non me decatei de que podían publicarse no blog. Un bico para tod@s vos, e de novo moitas grazas.

2 comentarios:

Nenos/as de 4 anos A(curso 2008/2009) dijo...

Grazas a ti por abrirnos este recuncho das vivencias e experiencias dos nosos nenos/as(porque lembra que sempre serán un pouco nosos).
Envíoche moitas ilusións e ganas para seguir facendo do noso traballo un arte, para que estes peques, os nosos peques, descubran o mundo dándolles todo o que sabemos e tanto precisan(un bico,unha caricia, un sorriso, axuda,comprensión...e tantas outras cousas importantes).
Esperando seguir compartindo moitas máis tristezas e alegrías contigo, a túa compañeira dache as grazas por todos estes anos.
Biquiños. Ro.

Ana Fernandez Mourente dijo...

Gracias a ti Mar, por compartir este espazo con nós. Bicos.