Un bico, e ata vernos.
viernes, 29 de mayo de 2009
lunes, 18 de mayo de 2009
jueves, 30 de abril de 2009
Quería dar as grazas a tódalas persoas que visitan o blog para disfrutar un anaquiño destes grandes pequen@s e das súas aprendizaxes. Tamén quería disculparme coas persoas que estiveron a facer comentarios no meu blog, pois a verdade é que aínda que disfruto moito lendo tódolos comentarios que me enviastes, non me decatei de que podían publicarse no blog. Un bico para tod@s vos, e de novo moitas grazas.
lunes, 20 de abril de 2009
¡ VAMOS DE EXCURSIÓN !

Chegou a PRIMAVERA, e como anos pasados programamos a excursión de infantil para este curso escolar. Este ano decidimos viaxar a Sobrado dos Monxes a "CASA DO QUEIXO" .
Os nen@s e tamén os mestres moi ilusionados o xoves 16 de abril subímonos nos buses ás 9:00 da mañá e puxémonos en marcha. Xa no autobús, disfrutamos dunha película e tamén da paisaxe tan fermosa da nosa Galiza.
Aínda que a viaxe foi un pouco longa, os nosos rapaces e rapazas son moi valentes, e a viaxe transcurreu sen problemas.
Xa en Sobrado dos Monxes, as 11:00 da mañá, os monitores estaban a esperar por nos, para recibirnos. Distribuiron aos alumn@s por equipos diferenciándoos con garabatas de diferentes cores; a cada equipo acompañábao na visita un monitor.Nos aproveitamos para ir rotándonos polos diferentes obradoiros e actividades polas que ían pasando tódolos equipos aproveitando así, para sacarlles fotos e grabar algún que outro video.
Os nen@s estiveron moi atentos e como de reporteir@s profesionais se tratase ían preguntando sobre todo o que lles chamaba a atención e sobre o que querían investigar.
Os monitores fóronnos dirixindo polos diferentes obradoiros: obradoiro do queixo, da lá, obradoiro da granxa, xogos... entre outras actividades debidamente programadas para todos eles.
Sobre a 13:30 aproximadamente, aos nosos pequenos chegáballes a hora de repoñer forzas, deste xeito, monitores e mestres acompañámolos ata o lugar habilitado para disfrutar do xantar, xantar que con gran agarimo preparastes vos as familias. Desta maneira os monitores aproveitaron para poder ir eles a xantar, mentres que nos quedábamos cos nosos rapaces coidando deles e o mesmo tempo disfrutando das vivencias que nos contaron, do vivido durante toda a mañá.
Unha vez que os alumn@s remataron o seu xantar e reposaron un intre, xa estaban preparados para recibir de novo aos monitores e disfrutar dunha hora máis da casa do queixo e dos diferentes obradoiros e actividades programadas para todo o día.
O tempo pasaba moi pero que moi rápido, despedímonos dos monitores e dímoslles as grazas; xa subidos de novo nos buses puxémonos rumbo a Ortigueira, disfrutamos de novo doutra película, das paisaxes, do dormir dalgúns dos nosos pequenos... cansos despois dun día de grandes vivencias.
Espero que disfrutedes do vídeos e das fotografías que resumen un pouquiño o que supón para os vosos retoños un día de grandes ilusións.
5 ANOS
Son os maiores de infantil, os que coidan dos mais pequenos, os que lles transmiten as súas aprendizaxes, os que saíron do cascarón onte e mañá votarán a voar ao cole dos maiores como eles expresan.
Perfeccionamos a súa coordinación visomotriz e visomanual.
Aprenden a diferenciar os seus dous lados (esquerda,dereita).
Inventamos xogos.
Colocamos,clasificamos,ordenamos...obxectos.
Rimos cantando,imitando...
Son os maiores de infantil, os que coidan dos mais pequenos, os que lles transmiten as súas aprendizaxes, os que saíron do cascarón onte e mañá votarán a voar ao cole dos maiores como eles expresan.
Perfeccionamos a súa coordinación visomotriz e visomanual.
Aprenden a diferenciar os seus dous lados (esquerda,dereita).
Inventamos xogos.
Colocamos,clasificamos,ordenamos...obxectos.
Rimos cantando,imitando...
4 ANOS
Xa non se consideran os máis pequenos na escola, atópanse na aula de 4 anos e o seu desenrolo psicomotor danos mostra deste gran avance.
Intentamos mellorar a súa coordinación visomotriz e visomanual.
Aprendemos a manexar obxectos con maior precisión.
Avanzamos no desenrolo psicomotor: correr, rodar, lanzar, arrastrar, trepar, reptar...
Disfrutan xogando co seu propio corpo e co material do ximnasio.
lunes, 6 de abril de 2009
3 ANOS
Os mais pequenos saen do cascarón e atópanse cun mundo descoñecido. Disfrutamos coñecendo as diferentes partes do noso corpo, así como as súas posibilidades e limitacións.
Aprendemos a controlar e coordinalo corpo cos diferentes xogos.
Orientámonos no espazo.
Conseguimos maternos en equilibrio.
Disfrutamos cantando,bailando...rindo.
martes, 31 de marzo de 2009
miércoles, 18 de marzo de 2009
viernes, 13 de marzo de 2009
¿PSICOMOTRICIDADE?
jueves, 12 de marzo de 2009
PRESENTACION
O meu primeiro BLOG
Chámome Mar e son a mestra de Psicomotricidade dos vosos retoños. Guiándome e aprendendo da gran iniciativa dos meus compañeir@s de traballo de Educación Infantil embárcome nesta nova tarefa, que decidín bautizar como "O MEU PRIMEIRO BLOG". Desexo que disfrutedes votándolle unha ollada a como os vosos grandes ximnastas medran día a día.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)